Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os dous mariñeiros falecidos no Albacora Cuatro morreron por inhalación de amoníaco

Os dous mariñeiros falecidos no Albacora Cuatro morreron por inhalación de amoníaco

Estaban reparando o sistema de refrixeración do barco

Confírmase que non houbo unha explosión a bordo

Dous mortos e oito feridos ao estourar un atuneiro vigués nas Seychelles

G24.gal 16/06/2022 20:01 Última actualización 16/06/2022 20:40

O Albacora Cuatro estaba atracado en porto na capital das Seychelles por unha avaría no circuíto de refrixeración.

Os dous mariñeiros falecidos traballaban para reparala cando se produciu unha fuga de amoníaco.

A súa inhalación resultou mortal. O capitán do barco deu a voz de alarma.

Outros oito mariñeiros tamén tiveron que recibir asistencia sanitaria, a maioría con problemas respiratorios.

O uso de amoníaco como refrixerante é cada vez máis habitual nos grandes conxeladores, que o foron substituíndo por outros por ser menos contaminante.

A súa utilización require duns protocolos de seguridade moi estritos, incapaces aínda así, de evitar accidentes coma o do Albacora Cuatro. 

Unha delegación da empresa armadora viaxou xa ás Seychelles para acelerar os trámites preceptivos para a repatriación dos cadáveres e dos superviventes.

O Goberno ofrécelles o soporte que sexa necesario.

A Comisión de Accidentes Marítimos dependente do Goberno fará unha avaliación previa do ocorrido para saber se debe investigar o accidente, ou se ao tratarse dun sinistro en porto e durante unha reparación non ten competencias sobre o caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos