Os efectos do cambio climático, principal causa da mortaldade do marisco

Os bancos marisqueiros próximos ás desembocaduras dos ríos son os máis afectados 

As mariscadoras temen que se perda a campaña de Nadal 

G24.gal 04/12/2023 16:48 Última actualización 04/12/2023 17:36

O sector viuse obrigado a cesar a súa actividade pola falta de produto que se estendeu polas rías galegas e agora as mariscadoras temen que se poida perder a campaña de Nadal, a máis importante de todo o ano. 

Os expertos cren que o marisco morre polos efectos do cambio climático.

As chuvias torrenciais continuas provocaron importantes caídas da salinidade. Tamén a suba da temperatura da auga está afectando ao marisco. Ademais das precipitacións e a alta temperatura da auga, o descenso da intensidade do vento do norte tamén afecta aos moluscos. 

Os bancos que rexistran as taxas máis elevadas de mortaldade son os que están máis próximos á desembocadura dos ríos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade