Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os enfermos galegos de covid persistente piden unha atención homoxénea e que se faciliten os trámites burocráticos

Os enfermos galegos de covid persistente piden unha atención homoxénea e que se faciliten os trámites burocráticos

A Asociación Galega de Covid Persistente conta con medio cento de afiliados

G24.gal 26/01/2024 13:07

A recentemente creada Asociación Galega de Covid Persistente fixo a súa presentación pública en Santiago cun debate sobre a perspectivas desta enfermidade que ten máis de 200 síntomas. Os máis frecuentes son fatiga incapacitante, dispnea, dificultades cognitivas, mareos, taquicardia, alteracións gastrointestinais e hemicranias.

Segundo a presidenta da asociación, que ten medio cento de afiliados en Galicia, ao tratarse dunha enfermidade nova, cun diagnóstico baseado na clínica e non en probas obxectivas, isto tradúcese nun infradiagnóstico e nunha atención que depende da vontade do persoal sanitario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade