Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os equipos galegos xa coñecen os seus rivais na Liga ACB

Os equipos galegos xa coñecen os seus rivais na Liga ACB

O Breogán comeza o curso en Bilbao e o Leyma recibe o Real Madrid no Coliseum

O Pazo acollerá o primeiro derbi na xornada 16

G24.gal 29/07/2024 12:06

A falta de dous meses para o inicio da Liga Endesa, os representantes galegos na competición xa coñecen o seu calendario. 

Na primeira xornada, o Breogán viaxará ata o País Vasco. Alí abrirá o curso, ao enfrontarse ao Bilbao Basket. O inicio do Básquet Coruña será tan complexo como emocionante. O seu debut na elite do baloncesto español terá lugar no Coliseum, onde recibirá o Real Madrid

Os coruñeses tamén rematarán a fase regular na cidade herculina, despedindo a tempada ante o Baskonia. Pola súa parte, o Breogán enfrontarase ao Valencia Basket na Fonteta de Sant Lluís.

A Coruña e Lugo tamén acollerán cadanseu 'derbi'. O primeiro deles terá lugar no Pazo, na xornada 16. Pouco tempo pasará para que os dous equipos galegos se enfronten de novo. Será na xornada 23, no Coliseum.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade