Os Estados Unidos derruban o suposto globo espía chinés sobre o Atlántico
Os Estados Unidos derruban o suposto globo espía chinés sobre o Atlántico
A autoridade aérea ordenara o peche de parte do espazo aéreo de Carolina do Norte e do Sur
O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, afirmou este sábado que se ía "ocupar" do globo
O Goberno estadounidense derrubou o "globo espía" chinés que sobrevoou nos últimos días o territorio nacional, segundo aseguran medios locais.
O Departamento de Defensa de EUA derrubou o globo chinés ao que acusaba de espionaxe este sábado sobre as dúas e media da tarde na costa leste (ás oito e media da tarde no horario peninsular español), sobre augas do Atlántico nas proximidades do Estado de Carolina do Sur.
Aproximadamente unha hora antes, a Autoridade Federal de Aviación (FAA), responsable do espazo aéreo civil, ordenara a suspensión do tráfico aéreo en tres aeroportos da zona para “apoiar a Defensa nun esforzo de seguridade nacional”.
“Imos ocuparnos del”, prometera este sábado o presidente de EUA, Joe Biden, contestando con esta única frase a unha pregunta dos xornalistas que o acompañan nunha visita, programada a última hora, á cidade de Syracuse, no Estado de Nova York. Non ofreceu máis detalles.
🔴 #AHORA | Imágen desde tierra del momento del derribo del globo espía chino. pic.twitter.com/v4GPrPxKDG
— Mundo en Conflicto 🌎 (@MundoEConflicto) February 4, 2023