Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Estados Unidos gáñanlle a batalla a unha Irán que clama contra Mateu

Os Estados Unidos gáñanlle a batalla a unha Irán que clama contra Mateu

Un gol da súa estrela Pulisic méteos nos oitavos de final (0-1)

Irán reclamou dous penaltis nos últimos minutos

Inglaterra elimina a Gales cun doado triunfo por 3-0

G24.gal 30/11/2022 09:59

Irán e os Estados Unidos xogaban un partido que ía moito máis aló do futbolístico. Ninguén podía escapar das connotacións xeopolíticas e ademais era un "vida ou morte" para o que perdese. Gañaron os Estados Unidos grazas a un solitario gol da súa estrela, Christian Pulisic. 

O empate era dabondo para os iranianos, que tiveron opcións ata o último minuto do engadido, con xogadas para a polémica nas que Mateu Lahoz decidiu non tomar ningunha determinación.

Inglaterra non tivo piedade dos veciños de Gales

Tamén tiña algunha mínima opción de clasificarse País de Gales. Pero Inglaterra non tomou o partido de broma. Sabían que había que asegurar a primeira posición do grupo e non había mellor rival para facelo que cos veciños e grandes rivais (3-0). Os goles de Rashford (2) e Foden chegaron nos vinte primeiros minutos do segundo tempo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos