Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os estudantes a favor de Palestina foron desaloxados de xeito pacífico do Reitorado de Santiago

Os estudantes a favor de Palestina foron desaloxados de xeito pacífico do Reitorado de Santiago

Segundo confirmou o reitor, foron desaloxadas 39 persoas

Os alumnos atópanse concentrados na Praza do Obradoiro ante unha forte presenza policial

G24.gal 12/06/2024 10:45

Estudantes membros da Asemblea Internacionalista do Estudantado e da Clase Traballadora por Palestina foron desaloxados á primeira hora deste mércores, de forma pacífica e sen incidencias, do reitorado da Universidade de Santiago, segundo informaron á prensa fontes da institución. Segundo confirmou o reitor, foron desaloxadas 39 persoas.

Tras o abandono do colexio de San Xerome, os alumnos enviaron un comunicado de prensa en que anuncian unha comparecencia á unha da tarde e, polo momento, atópanse concentrados na Praza do Obradoiro de Compostela ante unha forte presenza policial.

Alí, portan bandeiras palestinas e corean consignas para apoiar esta loita. Este movemento denuncia o "xenocidio" e esixe á institución académica a ruptura con universidades, empresas e organizacións vinculadas a Israel.

O reitor da universidade Antonio López afirmou que o Consello de Goberno aprobou a creación dunha comisión para o desenvolvemento de accións a prol da comunidade universitaria de Palestina.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade