Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os EUA confirman a detección de sons na zona onde se busca o somerxible turístico con destino aos restos do Titanic

Os EUA confirman a detección de sons na zona onde se busca o somerxible turístico con destino aos restos do Titanic

A cadea de televisión CNN asegurou que as autoridades detectaron sons de golpes en intervalos de 30 minutos

Os cinco tripulantes teñen osíxeno para pouco máis de vintecatro horas

G24.gal 21/06/2023 07:14 Última actualización 21/06/2023 20:51

A Garda Costeira dos Estados Unidos confirmou nesta madrugada que detectou sons na zona onde se busca un somerxible turístico desaparecido con cinco tripulantes a bordo que ían ver os restos do Titanic.

"Unha aeronave canadense P-3 detectou sons submarinos na zona de procura", dixo en Twitter a oficina, aínda que aclarou que de momento non se atoparon rastros do vehículo.

Con todo, a Garda Costeira asegurou que a información será utilizada para organizar futuros plans de procura. A mensaxe chega pouco despois de que medios como Rolling Stone ou a cadea CNN asegurasen que as autoridades detectaran sons de golpes en intervalos de 30 minutos.

A Garda Costeira doso EUA iniciou o luns unha extensa operación de busca con axuda do Canadá para localizar o aparello. A empresa OceanGate Expeditions, que opera o somerxible, informou o domingo ás autoridades da desaparición do artefacto con cinco persoas a bordo: o piloto e catro pasaxeiros.

Segundo medios británicos, os cinco integrantes da tripulación son o empresario paquistaní Shahzada Dawood, o seu fillo Suleman, o explorador británico Hamish Harding, o explorador francés Paul-Henry Nargeolet e o conselleiro delegado de OceanGate Stockton Rush. Na súa páxina web, a compañía ofrece viaxes de oito días e sete noites para visitar os restos do Titanic, cun prezo aproximado de 250.000 dólares. (Axencia EFE)

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade