Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os excesos no Nadal deixan paso a unha alimentación máis saudable

Os excesos no Nadal deixan paso a unha alimentación máis saudable

Volver á rutina canto antes é o recomendable

Consumir froitas e verduras de temporada, tamén peixe e alimentos baixos en graxa para que nos axuden no propósito

G24.gal 09/01/2024 14:23

Un dos hábitos saudables é o de coidar a alimentación e máis aínda despois dos excesos do Nadal. E aquí o importante é volver á rutina canto antes. Deixar atrás as comidas abundantes para pasarnos a algo máis lixeiro, onde as froitas e as verduras sexan uns dos protagonistas dos nosos pratos. 

Despois dun Nadal no que os excesos nas mesas soen estar presentes, é o momento de coidar a nosa alimentación. E dos segredos para que sexa máis sinxelo é volver á rutina canto antes e volver consumir froitas e verduras de temporada, e tamén consumir peixe branco e alimentos baixos en graxa para que nos axuden no propósito.

Precisamente hoxe no mercado de Santiago esta era a premisa coa que mercaban moitos dos presentes. Cabaciña, coliflor ou grelos, e tamén moita froita como laranxas ou mandarinas.

"Agora hai que baixar un pouco as graxas e o colesterol e para iso a froita é o ideal", explica Ana Rodríguez, froiteira na Praza de Abastos compostelá.

"Veñen a por verduras: grelos, repolo... para facer os zumes... A cousa cambia, os excesos no mes de xaneiro entre que hai pouco carto xa os hábitos mudan", di Fina, tamén praceira.

Pola súa banda nas peixerías o prezo dos produtos do mar seguen a manter uns prezos algo altos e malia que conten que baixe, "vén algún para mercar peixe miúdo. Unha cousa moi light, tanto nas calorías, que o peixe xa ten poucas, pero tamén de gastar pouco", indica María José Caamaño nunha peixaría.

Con todo, o mellor para a nosa saúde, amais de facer exercicio, sempre é coidar o que comemos todo o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade