Cargando resultados...
Os exercicios Marsec-24 escollen A Coruña como espazo de adestramento para as forzas de seguridade
Os exercicios Marsec-24 escollen A Coruña como espazo de adestramento para as forzas de seguridade
O simulacro recrea o secuestro dun transatlántico por un grupos terrorista xihadista con presenza de explosivos a bordo
G24.gal
13/05/2024 15:04
Galicia acolleu este ano un dos exercicios MARSEC que organiza a Armada para coordinar as forzas de seguridade ante unha posible emerxencia nas nosas augas. O porto da Coruña foi o escenario dun simulacro case de película que permitiu resolver con éxito un incidente terrorista de corte xihadista a bordo dun cruceiro.