Os expertos advirten de que os bosques do Courel poden tardar séculos en rexenerarse
Os expertos advirten de que os bosques do Courel poden tardar séculos en rexenerarse
Aínda que as zonas de matogueira poden recuperarse nun lustro, os bosques singulares poden tardar séculos
Os expertos din que é o momento de reformular a xestión do monte e o reordenación do rural
O incendio do Courel arrasa máis de 11.000 hectáreas nunha semana
Un desastre ambiental, económico e emocional. Así cualifican os expertos as consecuencias dos incendios que arrasaron máis de 20.000 hectáreas de bosques singulares no Courel, na serra da Enciña da Lastra e no Invernadeiro.
Aseguran que estes espazos poden tardar séculos en rexenerarse. Din que urxe adoptar medidas urxentes de restauración nestas zonas e a reformular a xestión do monte e a ordenación do medio rural.
Na última semana os incendios arrasaron máis de 31 mil hectáreas e a maioría afectaron aos parques naturais do Invernadeiro e a serra da Enciña da Lastra e ao xeoparque do Courel. Os expertos falan xa do peor desastre natural pola singularidade destes espazos e o seu impacto económico e tamén emocional.
Malia que as zonas de matogueira poden rexenerarse en 4 ou 5 anos, os bosques singulares destas zonas poden tardar séculos en rexenerarse. Por iso urxe adoptar medidas canto antes.
Cren que é o momento de que todos os colectivos implicados senten a reflexionar e reformular a xestión do monte e o reordenación do rural para prever novos desastres deste tipo.