Publicador de contidos
Publicador de contidos

Encher o depósito con combustible sintético custará uns 210 euros

Encher o depósito con combustible sintético custará uns 210 euros

Trátase de combustibles neutros que reducen a contaminación

 Alemaña aposta por estes carburantes como a mellor alternativa para poñer fin ao diésel e a gasolina a partir de 2035

A iniciativa causa división en Europa e preocupa ás fábricas automobilísticas, xa inmersas desde hai tempo na fabricación do coche eléctrico

G24.gal 23/03/2023 14:38

Os combustibles sintéticos obtéñense ao captar C02 da atmosfera. Fabricalo en grandes cantidades tería un custo moi elevado, só ao alcance duns poucos. 

En caso de que Europa permita a venda de vehículos propulsados con este tipo de combustibles, encher o depósito podería superar os 200 euros. 

Con todo, Alemaña aposta por estes carburantes como a mellor alternativa para poñer fin ao diésel e a gasolina a partir de 2035. Esta opción evitaría ter que cambiar de vehículo. 

Trátase de combustibles neutros que reducen a contaminación. 

A outra opción, e a única ata agora para cumprir cos obxectivos de Bruxelas no seu plan de descarbonización para 2035, é o vehículo eléctrico, que aínda xera moitas dúbidas. 

A iniciativa causa división en Europa e preocupa ás fábricas automobilísticas, xa inmersas desde hai tempo na fabricación do coche eléctrico. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar