Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reclaman programas urxentes para xestionar a árnica galega

Reclaman programas urxentes para xestionar a árnica galega

A sobreexplotación e os cambios no uso do territorio ameazan a supervivencia da especie

G24.gal 05/03/2023 20:26 Última actualización 05/03/2023 21:04

Hai anos que se estuda en Lugo, no Campus Terra da USC, a árnica galega, unha planta cuxa viabilidade como cultivo está confirmada e que ten moita tradición de colleita pero non de protección.

A árnica ten propiedades antiinflamatorias e medra espontaneamente. A variedade galega ten maior interese farmacéutico.

En Europa está protexida pero en España non. De feito, a sobreexplotación e os cambios no uso do territorio, ao destinalo a forraxe para as granxas, fan que mingüe a súa presenza.

O Campus Terra ten un convenio coa Deputación para secuenciar o xenoma das dúas variedades de árnica que hai en Galicia, para saber que xenes están involucrados nas súas diferenzas bioquímicas. Ademais, reclaman programas urxentes para unha xestión adecuada da especie.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade