Os focos apuntan a Diego Rivas na previa do Deportivo - Arenteiro
Os focos apuntan a Diego Rivas na previa do Deportivo - Arenteiro
O Arenteiro non quere afastarse dunha promoción que xa se atopa case imposible
Partido moi importante o que se vai vivir esta fin de semana en Riazor. O Deportivo quere seguir coa boa serie de partidos, mentres que o Arenteiro non se resigna e busca seguir loitando polos postos de promoción. Pese á condición de derbi, e co que se xogan os dous equipos, todas as miradas estarán na portería do Arenteiro, onde actuará como titular o xa retirado Diego Rivas.
"O que vai facer Diego Rivas pouca xente o faría. Quito o sombreiro".
O preparador de porteiros, e ex xogador, entre outros equipos do Rácing de Ferrol que conseguiu o ascenso a segunda o ano pasado, foi inscrito de urxencia esta semana, tras non chegar o Arenteiro a un acordo co Deportivo pola cláusula que estipula que o gardamallas Pablo Brea non pode xogar contra o equipo polo que está cedido.
O Deportivo chega nunha inmellorable dinámica, só perdeu un partido este 2024 contra a Cultural fai máis de 3 meses, e para atopar a última derrota en Riazor hai que remontarse ata o 8 de outubro nun partido contra o Celta Fortuna. Diego Rivas volta ao fútbol profesional nun feudo case inexpugnable.
"Non é fácil xogar en Riazor ante o Deportivo despois de tomar a decisión de retirarse".