Idiakez: "O Arenteiro vén cun porteiro, non cun espantallo"
Idiakez: "O Arenteiro vén cun porteiro, non cun espantallo"
Mella, Lucas e Lucas Pérez estarán disponibles
Como non podía ser doutra maneira, boa parte da rolda de prensa de Imanol Idiakez estivo centrada nun dos temas da semana: a portería do Arenteiro.
O conxunto galego inscribiu finalmente a Diego Rivas, ata esta semana adestrador de porteiros, e con el afrontará o duelo en Riazor.
"Vai xogar un mozo que ata o ano pasado tiña unha carreira importante nestas categorías e superior. Vai xogar un porteiro, non un espantallo".
"Preparo o partido con normalidade porque xogamos contra un equipo que está a facer unha gran tempada e non cambia nada", sinalaba o técnico.
O técnico branco e azul non quere botar contas e só se centra no choque ante o Arenteiro.
Ao preguntarlle pola posibilidade de que algún xogador force a tarxeta amarela para chegar limpo ao partido ante o Barça B, Idiakez aseguraba que, "para min todos os puntos valen o mesmo. Só pensamos en gañar o domingo e prepararemos a semana para ir a Sestao. Non me preocupa os que estean preto da sanción nin o partido contra o Barcelona B".
Sobre os xogadores tocados Mella, Lucas e Lucas, Idiakez confirmó que estarán dispoñibles.