Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os galegos da 1ªRFEF afrontan a xornada do domingo con diferentes dinámicas

Os galegos da 1ªRFEF afrontan a xornada do domingo con diferentes dinámicas

O filial celeste busca seguir liderando a competición

Aos coruñeses úrxelles a vitoria con Idiakez na corda frouxa, mentres que o Arenteiro pode sumarse á loita polo playoff

G24.gal 16/12/2023 13:47

A xornada para os nosos na Primeira Federación complétase na tarde deste domingo. Ás catro Claudio Giráldez e os seus buscan máis apertas, máis loanzas. Visitan o complicado Fuenlabrada como líderes...

A seguir, ás sete, haberá derbi. No Carballiño. Arenteiro-Deportivo. Co rochoso Arenteiro noveno, poderoso na casa. Seis partidos, cinco vitorias.

E co Deportivo un posto por detrás e pendente de si estamos a ver as últimas fotos de Idiakez como o seu adestrador.

As urxencias do Deportivo pasan a proba do Espiñedo, a proba do polbo mecánico. E nós verémolo en directo a través da nosa segunda canle. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade