Os galegos da ACB buscan a segunda vitoria para fuxir da zona baixa
Os galegos da ACB buscan a segunda vitoria para fuxir da zona baixa
O Leyma abre a xornada contra o Zaragoza no Coliseum
O Breogán recibe mañá a Lleida
Atrás queda o delirio contra o Real Madrid e a realidade diante do Unicaja. A terceira cita no Coliseum trae a un Zaragoza que pode amosar cal é o nivel real de Leyma Coruña na súa loita pola permanencia. Epi pide que o factor ambiental sexa o primeiro chanzo para o triunfo.
O Zaragoza leva dous triunfos e móvese un ano máis ao ritmo que marca Trae Bell-Haynes. Iso si, o exbreoganisa é probable baixa por unha escordadura de nocello.
A tripla final de Aranitovic que asegurou a vitoria en Badalona fixo medrar o optimismo durante unha semana no Río Breogán. Iso si, a cita deste domingo está marcada con vermello. Visita o Pazo o recentemente ascendido Lleida, que tamén acaba de estrearse.
Mrsic recupera a Jordan Davis para este partido e con el a totalidade dos seus efectivos.