Os galegos da ACB manteñen a ilusión no remate da temporada
Os galegos da ACB manteñen a ilusión no remate da temporada
Xa coa permanencia garantida, Breogán e Obradoiro apuntan ás prazas que lles poderían dar acceso a Europa
Obradoiro queren manter a ilusión nas catro xornadas que faltan. Esta tarde recibe a un necesitado Granada e faino co obxectivo de endereitar unha serie dun triunfo nas oito últimas tiradas. Entre semana houbo festa, co mítico Calderón de protagonista e con Nate Davis na bancada. A permanencia está conseguida, e agora os santiagueses queren seguir soñando, como recoñecía Raúl López.
Obradoiro-Granada, arranca ás cinco. Mañá ás doce e media será a quenda do Breogán. Mídese a Murcia. E aí é cando nos veñen as imaxes da temporada anterior, de Rojas, e da liorta na que estivo ata a mascota. Pois mañá volven topar no Pazo e fano amais coas aspiracións de playoff en xogo.
O Breogán vén de catro derrotas seguidas, recupera a Lukovic e conta coas baixas de Momirov e Nakic. E xa ten a quen dedicarlle a vitoria, as nais.