Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os galegos de entre 70 e 79 anos serán citados para recibir a dose de reforzo da vacina

Os galegos de entre 70 e 79 anos serán citados para recibir a dose de reforzo da vacina

Administraranse 29.000 doses cada día, 200.000 á semana

G24.gal 14/11/2021 14:53

O Sergas reabrirá en cinco días, o vindeiro venres, os puntos de vacinación masiva para poñer as doses de reforzo. As vacinas vanse administrar ata o 30 de novembro á poboación galega de entre 70 e 79 anos.

Neste momento e ata case a fin de 2021 convivirán varias liñas de vacinación en Galicia. En nove días estará vacinada, nos seus centros de saúde, a poboación maior de 80 anos e as persoas de risco, pacientes oncolóxicos, transplantados ou inmunodeprimidos. 

O venres comeza unha tripla liña de traballo de vacinación. Serán vacnados os reclusos dos centros penitenciarios galegos, a poboación de 122.000 persoas que recibiu unha única dose do preparado de Janssen e o grupo maioritario, 290.000 homes e mulleres de entre 70 e 79 anos que recibirán a terceira dose, a de reforzo de Pfizer.  

Así que volveremos ver funcionando como centro de vacinación masiva, desde o venres, a Cidade da Cultura, Expocoruña, Expourense e un pabillón do IFEVI, o que obrigará os vaciandos a acceder por fóra do recinto. En Pontevedra, por ter un compromiso o Recinto Feiral, as vacinacións masivas futuras serán nun edificio da Xunta en Campolongo. 

"Os centros de vacinación masiva permitiron unha eficiencia dos equipos, un aproveitamento das doses especialmente ao fin das xornadas cando non se sabe con exactitude canta xente vai vir, os centros de vacinación masiva permitiron economia de escala. Tiveron un funcionamento impecable", conta á Radio Galega  Xulio García Comesaña, Conselleiro de Sanidade.

E para aqueles que aínda non teñen ningunha dose posta, desde o Sergas lembran que poden acudir con ou sen cita, en horario estendido, de luns a sábado, aos centros habilitados nas sete áreas sanitarias galegas.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos