Os galegos gastaron de media 947 euros nas vacacións este verán
Os galegos gastaron de media 947 euros nas vacacións este verán
Un 2% menos que nas vacacións de 2023
O gasto é inferior á media española, que se situou nos 1.232 euros
O gasto medio dos españois no verán ascenceu ata os 1.232 euros, un 9% máis que en 2023, segundo o Observatorio Cetelem. O verán pasado o custo medio fora de 1.130 euros.
E se lle botamos un ollo ao destino dos cartos en período estival, as actividades máis realizadas foron saír de restaurantes (69%), ir de compras (53%) e facer visitas culturais (37%)
Pola contra, sen renunciar a pasar uns días de lecer fóra da casa, en xeral, os galegos decidiron ser prudentes co gasto.
Os galegos gastamos de media 947 euros nestas vacacións, por debaixo da media do resto do Estado. E, de feito, segundo os datos da enquisa do Observatorio Cetelem, os galegos en xeral empregamos este ano un dous por cento menos no lecer estival.
Tan só o 20 por cento dos galegos que participaron na enquisa declara que pagou máis que o ano pasado. Os demais repártense a partes case iguais, entre os que mantiveron o gasto e os que reduciron o presuposto. Facendo unha media, os galegos non gastamos máis de mil euros nas vacacións, por debaixo da media española.