O Xapón, Corea do Sur e os EUA formalizan a súa alianza trilateral en Defensa
O Xapón, Corea do Sur e os EUA formalizan a súa alianza trilateral en Defensa
Os tres países amosaron a súa preocupación polo achegamento entre Rusia e Corea do Norte e a puxanza militar da China no rexión
Os ministros de Defensa do Xapón, Corea do Sur e os EUA asinaron un memorando para institucionalizar a súa alianza trilateral en materia de seguridade nun momento marcado polos avances armamentísticos de Corea do Norte e a puxanza militar da China na rexión.
Nunha xuntanza celebrada en Toquio, os tres mandatarios, Minoru Kihara, Shin Won-sik e Lloyd Austin, expresaron a súa "grave preocupación" polo achegamento entre Corea do Norte e Rusia.
Entre outras cousas, acordaron celebrar de xeito anual, por quendas en cada un dos países, un encontro a tres bandas e compartir información sobre o programa norcoreano de armas de destrución masiva.
O pasado xuño, o líder norcoreano, Kim Jong-un, e o presidente ruso, Vladímir Putin, asinaron un acordo de asociación estratéxica cunha cláusula que compromete a ambos os dous países a prestarse asistencia militar en caso de ataque.