Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Goya convértense nuha homenaxe a Carlos Saura, falecido aos 91 anos

Os Goya convértense nuha homenaxe a Carlos Saura, falecido aos 91 anos

A Academia de Cine homenaxeará o falecido Saura na gala de Sevilla: "Foi un creador irrepetible", asegura nun chío a institución do audiovisual

A capela ardente polo cineasta instálase o luns na Academia do Cine en Madrid

O director carlos Saura posa co Goya de honra na súa casa en Collado Mediano O director carlos Saura posa co Goya de honra na súa casa en Collado Mediano
G24.gal 11/02/2023 14:02

A morte de Carlos Saura este venres conmocionou o mundo do cinema xusto o día antes da celebración da 37ª edición dos premios Goya, gala na que ía recibir o premio de honra.

Mentres a Academia de Cinema prepara sen desvelar axustes na cerimonia, varios dos candidatos que sentarán no patio de butacas xa falaban do cambio de espírito que a impregnará.

“Déamoslle o recoñecemento que se merece”, din os candidatos.

A Academia tamén fai alusión á súa última película, As paredes falan, que se estreou o venres pasado, que "mostra a súa incansable actividade e o seu amor polo oficio ata o último momento".

Este 11 de febreiro, no Auditorio Andalucía de Sevilla, a institución avanza que a 37 edición dos Goya "conmemorará a memoria dun creador irrepetible".

A Academia entregará, a título póstumo, o seu premio de honra na gala deste sábado en Sevilla que o propio director recibiu uns días antes na súa casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade