Publicador de contidos
Publicador de contidos

As alusións da nova camisola do Celta ao centenario do club

As alusións da nova camisola do Celta ao centenario do club

Ten a bandeira galega no escudo, a letra do himno e fai unha homenaxe ao Vigo Spórting e ao Fortuna

G24.gal 08/07/2023 15:17

Logo da estrea do himno do centenario, o Celta deu a coñecer a camiseta con que o club vigués vai conmemorar os cen anos da súa fundación.

Un modelo case exclusivamente celeste e con detalles que a fan moi especial. Coa bandeira galega no escudo, coa letra do himno e cunha homenaxe ao Vigo Spórting e ao Fortuna, os dous clubs que se fusionaron para a creación do Celta en 1923.

Está a ter moito éxito, ata o punto de que comeza a esgotarse nas tendas. Ata agosto non serán repostas. Outra novidade son as medias negras. Había moita expectación entre os seareiros e ás dez da mañá a entidade viguesa amosaba nas redes o vídeo coa camiseta da primeira equipación para esta temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade