Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os hospitalizados na área sanitaria da Coruña ascenden a 104

Os hospitalizados na área sanitaria da Coruña ascenden a 104

13 pacientes están ingresados na UCI

O número de contaxiados activos achégase aos 13.000

G24.gal 10/01/2022 14:10

Continúa aumentando a presión hospitalaria na área sanitaria da Coruña-Cee; de feito xa é a área con máis persoas ingresadas por Covid; son 104 en total,13 deles na unidade de coidados intensivos. O CHUAC é o centro hospitalario con máis pacientes ingresados.

Pedro J. Marcos, pneumólogo e director de Atención Hospitalaria do CHUAC, asegura que na última semana tiveron un incremento progresivo dos pacientes ingresados. Agora mesmo teñen 10 pacientes na UCI e 80 en planta. Di que o escenario non difire moito do que tiveron no mes de agosto.

Tamén aumentou o número de contaxios. Nas últimas 24 horas rexistráronse 573 novos casos activos, o que eleva o número de infectados ata un novo máximo: 12.859. Unha cifra que semella que seguirá medrando nos próximos días, xa que foron moitos os que se achegaron aos covid-auto da provincia con tests de antíxenos positivos.

A meirande parte da xente asegura que está a pasar a enfermidade sen síntomas, pero os que os teñen din que non é nada agradable.

Malia que o número de ingresados continúa aumentando, dende o CHUAC din que xa podemos estar chegando á meseta da sexta onda. Agardan que a carga hospitalaria comece a diminuír a partir da vindeira semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos