Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medra a tensión en Oriente Próximo tras o bombardeo israelí no Iemen

Medra a tensión en Oriente Próximo tras o bombardeo israelí no Iemen

Os rebeldes hutís reivindican o lanzamento de mísiles balísticos contra o sur de Israel

O exército israelí anuncia a interceptación dun foguete sobre o mar Vermello lanzado desde o Iemen

Israel bombardea o porto iemení de Al Hodeida tras o ataque cun dron sobre Tel Aviv

Fume tras os ataques israelís en Al Hodeida. REUTERS/Medios militares hutís
G24.gal 21/07/2024 08:28 Última actualización 21/07/2024 13:53

Os rebeldes hutís do Iemen reivindicaron este domingo o lanzamento de "varios mísiles balísticos" contra a localidade costeira de Eilat, no sur de Israel, despois de que o Estado xudeu bombardeara o porto iemení de Al Hodeida nun ataque que deixou cinco persoas mortas e 90 feridas graves.

O portavoz militar dos hutís, Yahya Sarea, dixo nun comunicado que o movemento apoiado por Irán lanzou unha batería de mísiles contra "obxectivos importantes" de Eilat, que non especificou, e que a operación foi realizada "con éxito".

A reivindicación prodúcese despois de que o Exército israelí anunciara a interceptación dun mísil terra-terra sobre o mar Vermello lanzado desde o Iemen. Segundo afirmou, o proxectil non entrou no seu territorio pero fixo soar as sirenas en Eilat pola posible caída de metralla.

Membros das forzas de seguridade hutís en Saná, no Iemen. REUTERS/Khaled Abdullah Membros das forzas de seguridade hutís en Saná, no Iemen. REUTERS/Khaled Abdullah
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade