Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os incendios continúan afectando a calidade do aire en boa parte de Galicia

Os incendios continúan afectando a calidade do aire en boa parte de Galicia

En Sarria mellorou a situación respecto a onte, porque xa non se aprecia o cheiro a fume

Continúa recomendándose precaución para as persoas con problemas cardiovasculares 

 

G24.gal 21/09/2024 14:38 Última actualización 21/09/2024 16:47

A chuvia, aínda que escasa, xunto coa néboa que con frecuencia afecta a esta zona fan que a percepción sobre a calidade do aire en Sarria sexa máis favorable que en xornadas previas. 

Polo menos o cheiro a lume dos incendios xa non é tan intenso no sur da provincia de Lugo. Con todo, é recomendable evitar actividades deportivas no exterior e prestar especial atención ás persoas con problemas cardiovasculares ou pulmonares.

A  presenza de partículas de po en suspensión pode provocar irritación en ollos, nariz e garganta. Conforme pase o tempo agárdase que a calidade do aire mellore. Arestora continúa sendo malo no 38 % do territorio e favorable ou boa no 53 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade