Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os investigados por Tsunami denuncian que se use o terrorismo para frear a amnistía

Os investigados por Tsunami denuncian que se use o terrorismo para frear a amnistía

Así o expresaron nun comunicado apoiado por JxCat, ERC, a CUP e Òmnium Cultural

Entre os investigados na causa de Tsunami Democràtic figura o expresidente da Generalitat Carles Puigdemont Entre os investigados na causa de Tsunami Democràtic figura o expresidente da Generalitat Carles Puigdemont
G24.gal 14/05/2024 10:58 Última actualización 14/05/2024 11:08

Os investigados na causa de Tsunami Democràtic, entre os que se atopa o expresidente da Generalitat Carles Puigdemont, denunciaron que se use "a acusación de terrorismo, que é arbitraria, para impedir a vía que abre a amnistía para resarcir parte da represión sufrida".

Así o expresaron nun comunicado este martes os investigados na causa, onde ademais de Puigdemont tamén está o seu xefe de gabinete, Josep Lluís Alay; a secretaria xeral de ERC, Marta Rovira; o deputado no Parlament Rubén Wagensberg ou o xornalista Jesús Rodríguez, entre outros. A carta tamén conta co apoio dos partidos independentistas -JxCat, ERC, a CUP- e de Òmnium Cultural.

"Úsase a acusación de terrorismo para impedir a vía que abre a amnistía".

Os investigados denuncian que se enfrontan a unha "causa política por parte duns tribunais que non son competentes nin tampouco imparciais", e que a Audiencia Nacional e o Tribunal Supremo "alíñanse coa extrema dereita para deslexitimar unha lei". Ademais, sinalan que a amnistía "cumpre os estándares internacionais, tal como confirmou a comisión de Venecia". Ao seu xuízo, "úsase a acusación de terrorismo, que é arbitraria, para impedir a vía que abre a amnistía para resarcir parte da represión sufrida".

Os asinantes do comunicado tamén manifestaron que ao "uso fraudulento do delito de terrorismo" súmanse "anos de investigacións secretas, infiltracións policiais no tecido asociativo ou a espionaxe ilegal con Pegasus a políticos, activistas, xornalistas e avogados en Cataluña".

Subliñan que a mobilización vinculada a Tsunami Democràtic foi "a resposta de miles de cidades de Cataluña que no outono de 2019 exerceron dereitos fundamentais para protestar, no marco da acción non violenta" contra a sentenza condenatoria aos líderes do procés.

Os investigados por Tsunami lembran que o encarceramento dos líderes do procés foi denunciado polo Grupo de Traballo de Detencións Arbitrarias de Nacións Unidas, polo Consello de Europa e polas principais organizacións internacionais de Dereitos Humanos" e recalcan que o Goberno "tivo que conceder os indultos aos presos políticos; as Cortes españolas reformaron o Código penal eliminando o delito de sedición e agora a amnistía está en fase de tramitación parlamentaria".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade