Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Irmandiños preparan o asalto ao castelo en Vimianzo

Os Irmandiños preparan o asalto ao castelo en Vimianzo

Comezan os preparativos para a toma do castelo o próximo sábado

Música, obradoiros e teatro para celebrar a toma da fortaleza

 

Preparativos para o asalto ao castelo de Vimianzo
G24.gal 25/06/2022 20:59 Última actualización 25/06/2022 21:12

Os Irmandiños preparan o asalto ao castelo. En Vimianzo xa se percibe a revolta a unha semana de poñerlle lume á fortaleza.

Porcos e lobos en rebelión, é o único anticipo que temos desta edición do asalto ao castelo que se celebrará a próxima fin de semana e que comezou hoxe cunha ruta guiada para coñecer ao detalle cada recuncho desta fortaleza: testemuña de loitas da fidalguía, da nobreza, da mitra compostelá e por suposto dos Irmandiños. Así o conta Victoria Amigo, técnica de Turismo do Concello de Vimianzo.

"A revolta irmandiña somos nós, o pobo que nos opoñemos á opresión da alta nobreza, ás inxustizas que estamos vivindo e que estamos vendo. O que é o castelo de Vimianzo tamén sufriu esas revoltas irmandiñas que viñeron aquí ao berro de 'Abaixo os castelos e lume aos castelos!', que é o noso sinal de identidade durante todo o asalto, 'Lume!'."

E ademais dese episodio o castelo tamén agocha lendas de sereas sen fala ou de bispos engaiolados que inspiran estes días historias dramatizadas e obradoiros medievais.  

O venres hai a cea medieval no foso do castelo, o sábado o Asaltiño para os nenos pequenos. Temos distintas actividades na rúa e o sábado o asalto ao castelo.  

Un asalto para o que se adestran hoxe os máis avezados no combate. En poucos minutos arrinca a Legua Irmandiña, unha carreira de 5.500 metros para que os nobres vaian botando contas de como será a súa fuxida cara a Castela ou Portugal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar