Os líderes europeos saúdan a vitoria de Macron como un apoio á UE
Os líderes europeos saúdan a vitoria de Macron como un apoio á UE
A reelección dálles un balón de osíxeno aos partidarios de novos avances na integración europea
"Os cidadáns elixiron unha Francia comprometida cunha UE libre, forte e xusta. Gaña a democracia. Gaña Europa", así felicitou o presidente Sánchez a Emmanuel Macron cun chío de Twitter.
Los ciudadanos han elegido una Francia comprometida con una UE libre, fuerte y justa.
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) April 24, 2022
Gana la democracia. Gana Europa.
Enhorabuena @EmmanuelMacron. #Presidentielles2022
O presidente español, como o resto dos líderes europeos, expresaba o seu alivio pola continuidade de Macron. A reelección dálles un balón de oxíxeno aos partidarios de novos avances na integración europea e para que se manteña a unidade fronte á invasión de Ucraína.
Con todo, en Bruxelas agárdase ás eleccións lexislativas de xuño para ver como queda finalmente o panorama político francés.