Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os maiores de 70 anos reciben a terceira dose da vacina na Cidade da Cultura

Os maiores de 70 anos reciben a terceira dose da vacina na Cidade da Cultura

Están convocadas cada día unhas 3.400 persoas da área sanitaria de Santiago

No Hospital da Barbanza foron convocados uns 750 cidadáns

G24.gal 20/11/2021 14:27

Os maiores de 70 anos son un dos grupos de risco. Pasaron xa máis de seis meses desde que recibiran a segunda dose da vacina contra o coronavirus e este sábado regresan á Cidade da Cultura para que se lles administre unha terceira picada de reforzo.

Están citadas este sábado no Gaiás unhas 3.400 persoas de 70 a 79 anos. Tamén poden acudir determinados colectivos, coma os mariñeiros, sen cita.

Os cidadáns convocados aseguran que van convencidos da eficacia da vacina e da necesidade de poñer a terceira dose. Os sanitarios tamén regresan á Cidade da Cultura e aseguran facelo coas ganas e a ilusión intactas.

Este sábado teñen habilitados no Gaiás 12 postos de vacinación, a metade que nos momentos máis decisivos da inmunización. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar