Os mariscadores do Carril suspenden o que queda de campaña debido á falta de marisco
Os mariscadores do Carril suspenden o que queda de campaña debido á falta de marisco
O Concello pide medidas para combater a problemática
Os mariscadores a pé do Carril acordan suspender o que queda da campaña de Nadal e todo o mes de xaneiro pola escaseza de marisco. Este feito pon en alerta o Concello de Vilagarcía de Arousa, que pide á Xunta "medidas serias e eficaces para frear a continua mortaldade" dos bivalvos.
O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, o deputado autonómico Julio Torrado e membros do Goberno local reuníronse este mércores coa agrupación de marisqueo a pé do Carril para abordar a crítica situación que atravesa a zona.
O primeiro edil instou a tomar medidas para facer fronte á unha problemática "que leva á ruína ás mulleres e homes que viven deste recurso".
Deste xeito, únese á lista de zonas marisqueiras galegas que perden toda a Campaña de Nadal, debido á alta mortaldade