Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os colexios médicos piden reformas estruturais para reforzar a atención primaria

Os colexios médicos piden reformas estruturais para reforzar a atención primaria

Valoran positivamente as medidas adoptadas por Sanidade pero din que son un parche

Propoñen redistribuír e reorganizar os recursos e apostar polos centros de saúde

Os médicos din que é o momento de acometer reformas para reforzar a Atención Primaria
G24.gal 30/01/2022 14:41

O aumento das hospitalizacións indica que a situación nas urxencias e nos centros de atención primaria vai tardar en normalizarse.

Para tratar de desconxestionar a saturación nestes servizos coñeciamos esta semana que o Sergas vai contratar a partir de febreiro 150 médicos sen especialidade. Desde os colexios de médicos valoran esta medida pero din que cómpre facer máis. 

Propoñen redistribuír e reorganizar os recursos e apostar polos equipos de atención primaria para mellorar a atención sanitaria descargando o persoal médico de tarefas non asistenciais. 

A incorporación prevista en febreiro de 150 profesionais médicos sen especialidade para realizaren traballos administrativos e de seguimento din desde os colexios que é unha medida válida pero insuficiente.

"Son positivas, pero son parches. Esas medidas non deberían reducir o ritmo da necesidade reformista do sistema na atención primaria e tamén nos hospitais. Ben as medidas, pero fagamos outras máis", José Luis Jiménez Martínez, presidente do Colexio de Médicos de Ourense.

A saturación, aseguran, viña xa de antes da pandemia e afirman que é o momento das reformas estruturais.

"Haberá que redistribuír e reorganizar os recursos. Tamén reorganizar as tarefas, que o médico só vexa aquilo que é necesario que vexa o médico. Hai moitas tarefas administrativas e asistenciais que poden seren asumidas por outros profesionais dos equipos de atención rimaria", explica o médico.

Din que cómpre valorar o persoal sanitario da atención primaria porque teñen unha función fundamental nunha poboación moi avellentada como a galega, e que, en xeral, despois de case dous anos sofre o cansazo da saturación asistencial.

"Moi cansos, foi unha onda detrás doutra, non houbo un descanso suficiente nin físico nin, sobre todo, mental, e hai moito profesional queimado, os estudos estano dicindo. Aqueles aplausos que recibiamos, e que agora non son tan aplausos, agora hai ás veces incomprensións, e parece que aumentaron as agresións a sanitarios. E ollo, eu creo que a sociedade esquece moi pronto as cousas". 

Agardan que o manexo da covid se normalice para poder recuperar as unidades asistenciais de patoloxías non relacionadas co coronavirus.

O persoal sanitario acusa o cansanzo da continuada presión asistencia. O persoal sanitario acusa o cansanzo da continuada presión asistencia.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos