Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os medios facilitados polo Estado empezan a traballar no mar na busca de sacos de 'pellets'

Os medios facilitados polo Estado empezan a traballar no mar na busca de sacos de 'pellets'

O tempo despexado permitirá localizar sacos nas zonas escuras de rocha, tarefa en que se centrará o operativo nas próximas horas

Delegación do Goberno xestiona coa Axencia de Seguridade Marítima e os gobernos de España e Portugal a busca dos colectores que caeron ao mar

Recollida de péllets en Laxe (EFE/Cabalar)
G24.gal 12/01/2024 10:13 Última actualización 12/01/2024 13:26

O subdirector xeral do Servizo de Gardacostas de Galicia, Lino Sexto, trasladou este venres na Radio Galega que o operativo por mar empezou este venres pola mañá.

Neses traballos coordínanse as unidades de Salvamento Marítimo, Servizo de Gardacostas, dous helicópteros despregados na área de Vigo e Celeiro así como varios barcos distribuídos nas diferentes rías.

Sen precisar número, Sexto remarcou que se empregarán todos os medios facilitados polo Goberno. Engade que tentar localizar o colector que caeu ao mar é unha tarefa complicada. Non obstante, remarca o compromiso de Delegación do Goberno que neste momento tenta xestionar esa busca en colaboración coa Axencia Europea de Seguridade Marítima, e mailos os gobernos de España e Portugal. 

"Delegación do Goberno comprometeuse a xestionar con Goberno central e Goberno portugués, a Axencia Europea de Seguridade Marítima e o propietario do colector que caeu ao mar, para que coa colaboración de todos se poida estudar onde están os colectores e se seguen tendo carga que poida causar contaminación, para atacar o problema", explicou.

Aclarou que o bo tempo permitirá nas próximas horas que os efectivos centren esforzos na busca dos sacos no mar, especialmente nas zonas escuras de rocha, evitando que rachen e se desprenda máis granulado ao chegar a costa. 

"Se o saco aboia en zonas escoras de rocha, desde o mar e desde os helicópteros tentaremos buscalos coa maior intensidade posible", expresou.

O subdirector xeral do Servizo de Gardacostas galego considera apunta que neste momento o número de persoas que traballan nos areais é suficiente. Con todo, haberá que estudar previsibles cambios que poidan experimentar as mareas de cara á fin de semana por se fose necesario incorporar máis persoas os labores de limpeza.

Sexto remarcou a cooperación por parte da armadora desde o primeiro momento. Ao tempo, puxo de relevo a boa sintonía entre administracións, que neste momento, puntualizou, traballan para darlle solución ao problema. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos