Os membros da sociedade de caza de Meis denuncia ameazas
Os membros da sociedade de caza de Meis denuncia ameazas
Apareceron animais desmembrados e pintadas nas súa casas
Presentaron varias denuncias na Garda Civil
As ameazas comezaron sendo telefónicas. O presidente da Sociedade de Caza de Meis, Camilo Otero, di que nesas chamadas lle dicían que tiña os días contados, pero pronto subiron de intensidade.
Segundo Otero, apareceron pintadas preto da súa casa chamándolle ladrón e sufriu explosións as portas da súa vivenda, onde tamén deixaron un animal desmembrado.
Outros compañeiros da sociedade de caza reelixidos en novembro tamén recibiron ataques. Pensan que detrás poden estar as discrepancias coa política de admisión da entidade.
As súas familias están preocupadas e os cazadores afectados só teñen un desexo que a situación se resolva canto antes para non danar máis a súa imaxe.
Pouco lles importa quen foi basta que cesen os ataques. Porén, xa presentaron denuncia na Garda Civil por uns feitos que cualifican de intolerables.