Un morto e dous feridos en Meis nun accidente provocado por un coche que ía en sentido contrario
Un morto e dous feridos en Meis nun accidente provocado por un coche que ía en sentido contrario
A Garda Civil investiga por que un dos vehículos sinistrados circulaba en sentido contrario
A falecida é unha veciña de Pontevedra de 71 anos, que viaxaba xunto co seu fillo, de 46, que quedou ferigo grave, ao igual que o condutor do outro coche, de 51
Unha persoa morreu e dúas quedaron feridas graves tras unha colisión frontal entre dous coches no municipio de Meis. Un dos vehículos implicados, no que viaxaban dous dos afectados, circulaba en sentido contrario.
O sinistro ocorreu sobre as 10:20 da mañá deste martes no quilómetro 3 da a AG-4.1 (Autovía do Salnés). O condutor do coche que circulaba en sentido contrario accedeu á autovía por Barro e dirixíase cara a Sanxenxo polos carrís en sentido Pontevedra.
O coche que ía en sentido contrario acabou encaixándose contra outro en Meis e os ocupantes que ían no seu interior quedaron atrapados, despois de que ambos os vehículos turismos quedasen esnaquizados.
Equipos de bombeiros lograron liberar ás vítimas, de 46, 51 e 71 anos. Esta última faleceu como consecuencia do impacto, unha pontevedresa que viaxaba xunto co seu fillo. Tamén quedou ferido o condutor do outro coche, que era o único ocupante do seu vehículo.
Segundo indica o 112 Galicia, o 061 valorou o desprazamento do helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero finalmente descartouse porque as circunstancias climatolóxicas non eran moi favorables.
Así, os servizos médicos desprazáronse en ambulancia ata o punto do accidente e derivaron aos tres afectados ata o Hospital Montecelo.