Os ministros de Pesca da UE deciden o futuro inmediato da pesca española
Os ministros de Pesca da UE deciden o futuro inmediato da pesca española
A xuntanza non rematará antes do martes ao mediodía
Galicia está especialmente preocupada polas capturas de xurelo e anguía
Os responsables de pesca da Unión Europea comezaron este domingo a última e decisiva reunión do ano, na que decidirán as cotas pesqueiras para o 2023.
O ministro español amosouse optimista sobre os resultados dunha reunión especialmente importante para o futuro inmediato da frota española no Atlántico e, sobre todo, no Mediterráneo.
Proposta da Comisión
Se a Comisión Europea conseguise aprobar a súa proposta de redución dos días de traballo no Mediterráneo, isto prexudicaría directamente a case 700 barcos e uns 17.000 postos de traballo.
A preocupación no caso galego vén dada pola proposta europea de peche das capturas de xurelo nos caladoiros do Atlántico nororiental, que afectaría a case 3.800 tripulantes.
Os representantes galegos tamén esixirán que Europa teña en conta a maior sostibilidade da frota galega á hora de adxudicar cotas.
Capturas de anguía
O ministro Luis Planas dixo que España se oporá á prohibición de capturas de anguía, proposta por Bruxelas, ao tempo que se mostrou optimista no que se refire á pescada e á meiga.
A reunión prevese dura e longa, xa que os responsables de pesca europeos non rematarán antes do martes ao mediodía.