Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os murais chegan á gasolineira da Sionlla, da man do artista galego Yoseba MP

Os murais chegan á gasolineira da Sionlla, da man do artista galego Yoseba MP

Este artista nacido en Cambre é o artífice da exitosa serie das Fenómenas do rural, esas superavoas anónimas que poderían ser a de cada un de nós

 

G24.gal 01/03/2024 21:40 Última actualización 01/03/2024 21:56

A arte urbana engloba moitas disciplinas os murais están espallándose por calquera recuncho e agora tamén chegan a gasolineiras da man do grupo empresarial Los Ángeles Gas.

Decidiron apostar pola arte ao cumprir medio século de vida cunha peza asinada polo galego Yoseba MP que decora un lavado dobre de camións cuberto e que recicla o 80 % do material que usa na limpeza.

Falando con Yoseba é inevitable lembrar a súa exitosa serie das Fenómenas do rural, esas superavoas anónimas que poderían ser a de cada un de nós. Di que só as representa en Galicia, a pesar de que xa tivo encargos para fóra, porque perderían forza e mensaxe.

Galicia ten grandes muralistas neste momento de eclosión, aínda que moitos como Yoseba, pensan que a calidade debería primar sobre a cantidade para que o auxe destas pezas artísticas, non sexa efémero e chegue para quedar. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar