Publicador de contidos
Publicador de contidos

Todas as pensións e o ingreso mínimo subirán o mesmo, na contorna do 8,5 %

Todas as pensións e o ingreso mínimo subirán o mesmo, na contorna do 8,5 %

María Jesús Montero entregoulle á presidenta do Congreso o proxecto orzamentario para o ano que vén

Alfonso Rueda: "Son uns presupostos inflados"

G24.gal 06/10/2022 10:31 Última actualización 06/10/2022 16:14

A ministra de Facenda, María Jesús Montero, entregou este xoves á presidenta do Congreso dos Deputados, Meritxell Batet, o proxecto de lei de orzamentos xerais do Estado para 2023 aprobado o martes no Consello de Ministros.

A ministra chegou ao Congreso ás dez da mañá cunha copia do coñecido libro amarelo que contén os eixos destas contas, "o terceiro" que leva á Cámara como responsable de Facenda, como destacou ante os xornalistas.

Posteriormente, Montero, nunha comparecencia ante a prensa, reclamaba aos grupos políticos "sentido de Estado" na tramitación dos Orzamentos "por riba de calquera outra consideración.

Asegurou a ministra de Facenda que "o grande obxectivo" destas contas é "avanzar en xustiza social e eficiencia económica", e instou a distanciarse "da crispación, o ruído ou a confrontación, que non leva a ningún lado".

Pero tanto a ministra como os seus colaboradores saben ben que o que está por vir é unha viaxe sen descanso.

Grupos como ERC, Bildu, PNV ou Compromís van apertar. Haberá que suar, en palabras de Gabriel Rufián.

E como sempre haberá sorpresas de última hora. Pero o Goberno confía en que todo sairá ben e as contas estarán listas para entrar en vigor o 1 de xaneiro. 

Desde Praga, onde se reune cos outros líderes europeos, o presidente do Gobermo, Pedro Sánchez, insistiu en que estes novos  Presupostos son moi importantes para os traballadores e as clases medias, con máis gasto social. E pediu o apoio dos grupos parlamentarios. 

Suba igual do INV e as pensións non contributivas ca as contributivas

As pensións non contributivas e o ingreso mínimo vital (IMV) revalorizaranse en 2023 en igual medida que as pensións contributivas, unha suba que o Goberno calcula na contorna do 8,5 %, pero que dependerá da evolución da inflación ata novembro.

De acordo con o proxecto orzamentario revalorizaranse na porcentaxe equivalente ao valor medio das taxas de variación interanual do índice de prezos de consumo (IPC) dos doce meses previos a decembro de 2022.

Esta é a fórmula de revalorización fixada na reforma da pensións de 2021, que en principio aplica para as contributivas, pero que o ano que vén estenderase ás non contributivas e ao IMV.

As pensións contributivas teñen consignado un crédito para 2023 de 166.777 millóns de euros, un 11,2 % máis que en 2022, estimado en función do incremento do colectivo de pensionistas, da variación da pensión media e da súa revalorización.

Sobre os orzamentos hai innumerables debates. Un deles é se o Goberno foi moi optimista coa evolución da economía. As contas están feitas sobre un crecemento do 2,1 por cento, pero o Banco de España di que como moito será do 1,4. 

A ministra de Economía non se sente desautorizada e di que cada economista ten a súa propia previsión.

Explicou Montero que os ingresos non financeiros do Estado alcanzarán 307.445 millóns de euros en 2023, un 6 % máis do que se espera obter en 2022, en liña co crecemento do PIB nominal, pero tamén impulsados pola entrada en vigor de novos impostos.

Os orzamentos para 2023 aumentan os gastos non financeiros do Estado un 2,7 %, ata os 248.211 millóns de euros.

Deste orzamento de gastos non financeiros do Estado, 223.055 millóns de euros correspóndense co orzamento nacional (3,6 % máis), mentres que os 25.156 millóns restantes (4,6 % menos) estarán asociados ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos