Publicador de contidos
Publicador de contidos

Especialistas en otorrinolaringoloxía vense decote na situación de San Brais

Especialistas en otorrinolaringoloxía vense decote na situación de San Brais

Extraen corpos estraños de oídos e gorxas, un día si, un día non

De feito teñen a San Brais como patrón e este sábado están de celebración

G24.gal 03/02/2024 13:31 Última actualización 03/02/2024 14:07

A San Brais, un médico e bispo armenio do século IV, atribúenlle o milagre de salvar un neno ao que se lle cravara unha espiña de peixe na gorxa. Máis de 1.700 anos despois, especialistas en otorrinolaringoloxía vense con frecuencia ante situacións similares.

Só no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, estes especialistas atenden unha media de quince extraccións ao mes de corpos estraños de narices ou gorxas. No caso dos máis pequenos moitas veces introducidos a vontade.

"Nos oídos: boliñas, xoguetes pequenos, plásticos; e a nivel nasal, para cheiralos ou por curiosidade, introducen esponxas, plastilina", explica María Rey, médica do servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUO.

A extracción de corpos estraños é unha parte importante pero mínima do traballo dos otorrinos, que reivindican o seu labor como cirurxiáns.

"Góstanos considerarnos cirurxiáns. Abranguemos desde a cirurxía minuciosa do oído ata cirurxías máis oncolóxicas como a de gorxa ou a de larinxe", expón Celia Lendoiro, xefa do servizo.

O ano pasado, o servizo de otorrinolaringoloxía do hospital universitario de Ourense rexistrou 174 ingresos, 442 intervencións e máis de 20.000 consultas e 30.000 probas diagnósticas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade