Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os paraventos inundan a praia viguesa de Samil

Os paraventos inundan a praia viguesa de Samil

O seu mal uso nas praias galegas, sobre todo nas Rías Baixas, está converténdose nun auténtico problema para os concellos. Hoxe en Vigo tivo que actuar a Policía Local.

Empregalo para parcelar as praias está totalmente prohibido

G24.gal 26/08/2024 14:54

Son as once da mañá e esta praia de Samil xa comeza a estar chea de paraventos. Este luns é un día solleiro e sen apenas vento.

Tras os pertinentes avisos por megafonía, sen éxito, a policía comezou a informar a pé de praia da prohibición de parcelar a praia obrigando moitos bañistas a quitalos.

A meirande parte dos usuarios destes paraventos son portugueses que descoñecen a ordenanza municipal, que deixa ben claro que o seu uso co obxectivo de parcelar tramos do areal ou o seu uso privativo infrinxe a lei de costas.

Os paraventos convertéronse este ano nun auténtico quebracabezas segundo o propio Concello. Tanto é así que os propios socorristas comezan a ter problemas para realizar o seu labor. Estes días están informando os bañistas tamén das sancións en que poden incorrer, con multas de 750 e ata 1.500 euros. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar