Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os parlamentarios do PP expulsados de Venezuela chegan a Madrid

Os parlamentarios do PP expulsados de Venezuela chegan a Madrid

A delegación convidada pola oposición fora retida no aeroporto de Caracas este venres

Segundo Asuntos Exteriores, estaban informados de que o país non autorizara a visita

Alfonso Serrano, Esteban González Pons e Miguel Tellado á súa chegada. EFE/Zipi
G24.gal 27/07/2024 09:37 Última actualización 27/07/2024 10:39

Os parlamentarios do Partido Popular desprazados a Caracas polas eleccións do domingo, entre eles o portavoz no Congreso, Miguel Tellado, e o eurodeputado Esteban González Pons, chegaron este sábado a Madrid tras ser expulsados do país.

A delegación española, integrada tamén polo senador Alfonso Serrano, Cayetana Álvarez de Toledo, Macarena Montesinos e Belén Hoyo, chegaron ao aeroporto Adolfo Suárez a primeira hora.

Formaban parte da delegación do Partido Popular Europeo (PPE) que viaxou a Venezuela, convidada polo candidato González Urrutia e a opositora María Corina Machado.

O presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, xa informara o venres na súa conta de X que a delegación estaba retida no aeroporto de Caracas.

O Ministerio de Asuntos Exteriores explicou que Venezuela non autorizou a visita dunha delegación do Senado como misión de observación electoral e que só o PP decidiu realizar a viaxe, informaron fontes oficiais.

Os parlamentarios populares foron atendidos polo cónsul xeral de España en Caracas, que estaba a lles esperar no aeroporto "para facilitarlles o que precisasen", segundo as mesmas fontes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade