Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os participantes na andaina solidaria de Seixalbo reciben recomendacións dos profesionais sanitarios

Os participantes na andaina solidaria de Seixalbo reciben recomendacións dos profesionais sanitarios

Os cartos recadados na andaina organizada polos veciños de Seixalbo destinaranse o Banco de Alimentos de Ourense

Profesionais sanitarios fixéronlle recomendacións os participantes para sacarlle o máximo partido a súa actividade física

7.300 ourensáns participaron no que vai de ano nas actividades de saúde comunitaria da área sanitaria

G24.gal 16/06/2024 14:41

Da importancia e os beneficios que trae consigo a actividade física todos sabemos. Pero nunca está de máis que sexan os profesionais da saúde os que marcan as pautas. Hoxe en Ourense achegáronse a saída da andaina solidaria de Seixalbo.  

Antes de que arranque a andaina preguntamos polos hábitos deportivos dos asistentes.

"Moito deporte non fago, pero camiñar si".

"Tres días, día si, día non, ao ximnasio".

Tamén polo xeito de facer deporte.

"Hai que estirar antes, durante e despois".

E por último, os beneficios:

"Polo menos vaime ben, noto melloría no corpo".

"O camiñar síntome moito máis áxil".

Ninguén dubida xa da importancia de facer exercicio, camiñar é dos máis sinxelos. Pero, facémolo ben?

"Eu diría que regular. Está bastante interiorizado na xente que é importante saír camiñar, saír facer exercicio, pero non sempre o facemos do xeito correcto para acadar os máximos beneficios", explica Xosé Manuel Pérez Bouza, enfermeiro no centro de saúde A Cuña Mariñamansa.

Os profesionais do seu centro de saúde lémbranlles que a frecuencia, a intensidade e a duración do exercicio son determinantes. Por exemplo o camiñar.

"Ten que nos custar manter unha conversa. Aí os que teñan exceso de peso empezan a perder peso, os que teñan a tensión arterial alta, as arterias e as veas empezan a dilatárselle, os diabéticos queiman o azucre todo que lle sobra no sangue, e despois empezan tamén a queimar graxa. Entón, esa intensidade é a axeitada para que teña beneficios para a nosa saúde".

Fan fincapé en que a constancia é fundamental, e tamén en que o exercicio está o alcance de todos, tendo en conta, iso si, a condición física de cada quen".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade