Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os positivos por covid–19 non terán que illarse a partir do xoves en Inglaterra

Os positivos por covid–19 non terán que illarse a partir do xoves en Inglaterra

Boris Johnson elimina as restriccións contra a covid–19

A oposición acúsao de deixar desprotexida a poboación

G24.gal 21/02/2022 21:05

A partir do xoves as persoas que dean positivo por covid–19 en Inglaterra non terán que illarse por lei.  Anunciouno o primeiro ministro Boris Johnson no Parlamento británico. Xunto con esta medida  tamén se eliminará o rastrexo dos contactos e o seguimento dos casos.

A maioría da comunidades científica considera que a medida é imprudente e prematura. A oposición política acusa a Johnson de deixar o país nun auténtico caos e desprotexido ante a posible aparición de novas variantes. Para o primeiro ministro nestes momentos as vacinas e os novos tratamentos son suficientes para loitar contra a covid–19.

A fin do illamento dos positivos non lles afectará aos cidadáns de Escocia, Gales e Irlanda do Norte, onde seguirá sendo obrigatorio o confinamento.

Johnson anunciou tamén que a partir de abril os tests gratuítos só estarán á disposición das persoas maiores ou vulnerables que teñan síntomas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos