Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os presidentes territoriais solicitan a "dimisión inmediata" de Rubiales

Os presidentes territoriais solicitan a "dimisión inmediata" de Rubiales

Outorgan o seu apoio ao sucesor Pedro Rocha para que lidere unha nova etapa

"Instaremos a unha reestruturación en cargos estratéxicos da RFEF"

G24.gal 28/08/2023 22:16

O presidente interino da Federación Española, Pedro Rocha, mantivo unha xuntanza cos 18 presidentes territoriais, entre os que estaba o presidente da galega Rafael Louzán. A orde do día era a análise e avaliación da situación actual e decisións a adoptar. 

Nun comunicado emitido ao remate da convocatoria solicitaron a "dimisión inmediata de Luis Rubiales polos inaceptables comportamentos que danaron a imaxe do fútbol español". 

As territoriais puxeron en valor o título mundial acadado na categoría feminina e apostan por unha "profunda reestruturación en cargos estratéxicos da RFEF". Tamén queren que a Federación retire o comunicado que presentou a defensa de Rubiales diante da UEFA e FIFA no que ameazaba con retirar os equipos españois das competicións internacionais e manifestaron o apoio a Pedro Rocha, sucesor de Rubiales, para que lidere unha nova etapa no fútbol español. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade