Cargando resultados...
Os prezos dos carburantes manteñen a tendencia á baixa
Os prezos dos carburantes manteñen a tendencia á baixa
G24.gal
25/07/2022 17:38
O barril de petróleo Brent cotiza hoxe a menos de 100 dólares e mantén a súa tendencia á baixa, a mesma que se vén observando xa no prezo dos carburantes.
A gasolina e o gasóleo comezan esta semana coa mesma tendencia á baixa coa que remataron a semana pasada.
As portas das vacacións de agosto, os carburantes seguen por baixo dos dous euros; 1,96 de media no caso da gasolina e 1,93 euros no gasóleo.
A UE confirma que este lixeiro descenso vénse observando desde hai varias semanas e a el hai que engadirlle que o barril de Brent baixa xa dos 100 dólares porque os expertos aseguran que a desaceleración económica traerá consigo unha menor demanda de petróleo.