Os prezos dos supermercados subiron de media un 38 por cento en tres anos
Os prezos dos supermercados subiron de media un 38 por cento en tres anos
Entre os produtos que máis se dispararon está o aceite de oliva que se encareceu nun 225 %
Ségueo o azucre branco, que subiu un 91 %; o zume de laranxa, un 81 %, e os ovos e o arroz, por riba do 60 %
A cesta da compra segue a ser unha preocupación para os fogares. Os prezos comezaron a subir hai tres anos e continúan á alza.
Os supermercados elevaron os prezos un 38 por cento de media entre decembro de 2020 e o mesmo mes do 2023. Entre os produtos que máis se encareceron sen dúbida hai un que ocupa o primeiro posto cunha suba do 225 por cento.
Ao aceite de oliva ségueo o azucre branco que incrementou o seu prezo un 91 por cento, o zume de laranxa un 81 e os ovos e o arroz por riba dun 65 por cento. O informe da OCU tamén pon o foco no encarecemento da carne e o peixe, e pide que se lles aplique o IVE reducido.
Algo menos un 20 por cento subiron as froitas e as verduras, agás as mazás e os plátanos que están máis caros.
O informe constata ademais diferenzas de prezos entre uns supermercados e outros. Apunta ademais que nos produtos frescos a maioría dos prezos aumentaron en orixe o que non implica maiores beneficios para os produtores que teñen que facer fronte a suba de custos como fertilizantes e combustible.