Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os produtos e servizos de Galicia Calidade representan máis do 8 % do PIB de Galicia

Os produtos e servizos de Galicia Calidade representan máis do 8 % do PIB de Galicia

As empresas adscritas aumentaron facturación e emprego

G24.gal 14/12/2023 20:44 Última actualización 14/12/2023 21:05

Cada vez hai máis empresas e produtos adscritos á marca Galicia Calidade. En doce anos multiplicouse por cinco o número de entidades certificadas con este selo de excelencia.

O balance de último exercicio presentado este xoves destaca que as empresas que ofrecen estes produtos e servizos teñen 3.000 traballadores máis que antes da pandemia.

A maioría prevé aumentar a facturación o próximo ano. E a súa actividade exportadora medrou un 72 % respecto a 2020.

A conselleira de Economía, Industria e Innovación destacou o peso cada vez maior da marca Galicia Calidade na economía galega.

"É incuestionable que cada un dos produtos e servizos galegos que certifica defenden a excelencia. E isto ten unha importante tradución directa na economía galega, 5.360 millóns de euros, un 8,2 % do produto interior bruto en 2022", asegurou María Jesús Lorenzana.

Na presentación do balance de resultados de Galicia Calidade tamén estiveron os conselleiros de Medio Rural José González e de Mar Alfonso Villares.  Os produtos agrogandeiros e da cadea mar industria son unha parte importante do selo de calidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade