Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia Calidade certificará os produtos de porco celta galego

Galicia Calidade certificará os produtos de porco celta galego

Na actualidade hai 140 ganderías de toda Galicia e 214 produtores e comercializadores de porco celta

G24.gal 19/07/2023 14:27

Galicia Calidade certificará os produtos de porco celta galego tras un acordo asinado entre a Consellería de Economía e a Asociación de Criadores desta raza autóctona. Asoporcel reúne na actualidade 140 ganderías de toda Galicia e 214 produtores e comercializadores de porco celta. 

"Non temos ningunha dúbida de que o selo Galicia Calidade é unha garantía de éxito no mercado. Polo tanto, estamos moi contentos de sumarnos", dixo o presidente de Asoporcel.

O director xeral de Comercio e Consumo asegurou que Galicia Calidade quere "Ser unha ferramenta útil para os vosos produtos, que poñan en valor a calidade que temos en Galicia. Darvos os parabéns e a seguir traballando por mellorar ese selo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar