Publicador de contidos
Publicador de contidos

Filipe VI coincide co seu pai por primeira vez nun acto público desde que o emérito abandonou España

Filipe VI coincide co seu pai por primeira vez nun acto público desde que o emérito abandonou España

Esta tarde participan nunha recepción que lles ofrece o novo monarca británico, Carlos III, no palacio de Buckingham aos dignatarios mundiais que asisten ao enterro de Isabel II

 Xoán Carlos I e a raíña Sofía asisten xuntos ao encontro que o novo monarca británico celebra polo funeral da súa nai

Entrada de Don Xoán carlos I e Dona Sofía en Buckingham
G24.gal 18/09/2022 17:32 Última actualización 18/09/2022 21:31

Os reis de España, Felipe e Letizia, visitaron este domingo a capela ardente cos restos mortais da raíña Isabel II no palacio de Westminster, sede do Parlamento británico. Ao redor da 16:10 hora local (15:10 GMT), Felipe VI e Letizia compareceron en Westminster Hall, a enorme sala do complexo parlamentario onde os cidadáns din adeus a Isabel II desde o mércores pasado.

Os reis ían de loito rigoroso e estaban acompañados polo ministro español de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, e o embaixador de España en Londres, José Pascual Marco. Tras pasaren uns tres minutos na capela ardente, don Felipe e dona Letizia retiráronse, mentres centos de cidadáns seguían desfilando ordenadamente ante o féretro para renderlle tributo á soberana, falecida o 8 de setembro aos 96 anos.

Os reis chegaron ao redor da 13:00 hora local (12:00 GMT) a Londres nun voo da Forza Aérea Española procedentes de Madrid e posteriormente participarán nunha recepción que ofrece o novo monarca británico, Carlos III, no palacio de Buckingham.

Os reis na capela ardente de Isabel II Os reis na capela ardente de Isabel II

E xa puidemos ver entrar xuntos os reis eméritos don Xoán Carlos e dona Sofía no palacio de Buckingham para asistir á recepción oficial que lles ofrece Carlos III ás delegacións oficiais nas exequias da súa nai.

Neste encontro van coincidir o xefe do Estado, Filipe VI, co seu pai don Xoán Carlos, que se desprazou a Londres desde Abu Dhabi, onde reside.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade