Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Reis Magos chegan en avión á Coruña para recoller as primeiras cartas dos nenos

Os Reis Magos chegan en avión á Coruña para recoller as primeiras cartas dos nenos

As súas maxestades de Oriente chegaron acompañados polo seu séquito de paxes

G24.gal 03/01/2024 21:23 Última actualización 03/01/2024 21:45

Na terminal de Alvedro anúnciase un voo máxico e especial procedente de Oriente. E fronte as portas de chegadas cada vez son máis as pequenas e pequenos. Logo de todo un ano de espera, agardan que a maxia se faga realidade para "ver os Reis Magos", dinnos os nenos.

Mentres, na pista aterra puntual o avión das súas maxestades. Chegan acompañados polo seu séquito de paxes e son recibidos como altezas que son. 

Tiveron que pasar máis de  300 segundos contados un a un ata que por fin Melchor, Gaspar e Baltasar cruzaban a porta e chegaba o momento do reencontro. 

Caras de satisfacción entre os pequenos e non tan pequenos. Toca entregar en man as cartas. Algún mesmo aproveita para engadir algún agasallo de última hora. Outros veñen co traballo feito.

Os Reis escoitan todas e cada unha das demandas que lles fan. Mais eles tamén teñen peticións para os nenos galegos. 

Melchor engade unha recomendación importante para a noite de Reis: "Deixar algo para os camelos, como auga ou así". E deste xeito dá comezo a conta atrás para a noite máis máxica: a dos Reis Magos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos